Accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) - 2022

Dende 30 de maio, 2022 - Ata 30 de xuño, 2022

Categorías: Laboral

Acceda dende aquí

TR301K - Subvencións para accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) - 2022

Data de publicación: 30/05/2022

Data inicio de solicitude: 31/05/2022

Data remate de solicitude: 30/06/2022

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar a modificación das bases e promover a segunda convocatoria de subvencións para o financiamento das accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2022 e 2023.

Características da axuda

O obxectivo prioritario das accións formativas reguladas é a inserción e reinserción laboral das persoas traballadoras desempregadas naqueles empregos que demanda o sistema produtivo.

As accións formativas estarán constituídas polas especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas, no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, relacionadas no anexo II, e polos módulos transversais e complementarios recollidos no artigo 36 da Orde de bases reguladoras do 16 de abril de 2021.

A formación profesional para o emprego obxecto de financiamento poderá impartirse a través das modalidades presencial e/ou mixta.

Así mesmo, poderán impartirse na modalidade de teleformación aquelas especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral conducentes á obtención de certificados de profesionalidade.

Con carácter xeral, o número máximo de edicións dunha determinada especialidade formativa que se poderán impartir nunha comarca serán dúas. Este límite incrementarase até as catro edicións naquelas comarcas en que, o 1 de xaneiro de 2021, a súa poboación fose superior aos 75.000 habitantes.

As accións formativas correspondentes a esta convocatoria non poderán comezar antes do 1 de setembro de 2022, polo que non se admitirá ningunha solicitude que presente datas anteriores.

A data límite para o remate das accións formativas que se desenvolvan exclusivamente durante a anualidade 2022 será o 20 de decembro de 2022.

Para cursos que se desenvolvan durante as anualidades 2022 e 2023 ou exclusivamente durante a anualidade 2023, a data límite para o remate das accións formativas será o 30 de setembro de 2023.

Persoas beneficiarias

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as entidades que, na data de entrada en vigor da segunda convocatoria, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos para impartir formación profesional para o emprego, no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia, naquelas especialidades formativas conducentes á obtención de certificados de profesionalidade ou naquelas competencias clave para as que soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

As entidades deberán dispor no ámbito territorial de Galicia das instalacións debidamente acreditadas e/ou inscritas que permitan impartir as accións formativas solicitadas.

Así mesmo, os centros presenciais vinculados a entidades acreditadas e/ou inscritas para impartir especialidades formativas na modalidade de teleformación deberán estar homologados na correspondente especialidade na data de entrada en vigor da convocatoria e localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.


Publicación DOG Corrección erros DOG

Ficha informativa sede electrónica

Imprimir
Axuda