Dende 30 de xullo, 2024 - Ata 09 de outubro, 2024
Categorías: Investimentos
Esta Resolución ten por obxecto convocar as subvencións para apoiar a empresa galega nos custos de investimentos en equipamentos subvencionando sobre o volume de investimento en maquinaria, bens de equipamento ou sistemas informáticos.
Conceptos subvencionables: Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa desde o 1 de xaneiro de 2024 e anteriores á data de solicitude, podendo tamén incluír investimentos que se realizarán con posterioridade á data de solicitude, ata o 10 de decembro de 2024.
O importe mínimo de custo subvencionable total deberá acadar 40.000 €.
Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser adquiridos en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridos a terceiros.
Concederase unha axuda do 40 % ata un máximo de 300.000 € para os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, que abarca desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o remate das actuacións propostas, que non deberá superar en ningún caso o 10 de decembro de 2024.
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción das actividades excluídas pola normativa aplicable (Regulamento (UE) nº 2023/2831-Regulamento de minimis):