Axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social - 2024

Dende 16 de febreiro, 2024 - Ata 30 de setembro, 2024

Categorías: Laboral Investimentos

Acceda dende aquí

TR356C - Axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social - 2024

Data de publicación: 15/02/2024

Data de inicio solicitude: 16/02/2024

Data de remate solicitude: 30/09/2024

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2024, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.

Esta axuda está destinada a financiar ás entidades promotoras de empresas de inserción, os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción e ás empresas de inserción, os custos dirixidos á mellora, reorientación e diversificación da actividade empresarial.

Características da axuda

Ao abeiro do programa de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social, as empresas de inserción poderán acceder ás seguintes liñas de axuda:

a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.

b) Inicio e posta en marcha da actividade.

c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.

d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.

e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.

f) Formación para as persoas en proceso de inserción.

g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.

A contía desta subvención será equivalente ao 80 % do custo total dos servizos, cos límites seguintes:

a) Estudos de mercado, estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e labores de asesoramento e consultoría: máximo de 6.000,00 €.

b) Auditorías contables: máximo de 1.500,00 €.

c) Auditorías sociais: máximo de 1.500,00 €.

d) Certificacións de calidade: máximo de 1.000,00 € para a certificación e de 1.000,00 € para a implantación.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos.


Publicación DOG

Ficha sede electrónica

Imprimir
Axuda