Axudas para o mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos CEE - 2024

Dende 14 de febreiro, 2024 - Ata 14 de marzo, 2024

Categorías: Laboral

TR341M- Axudas para o mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos CEE - 2024

Data de publicación: 14/02/2024

Data de inicio solicitude: 15/02/2024

Data de remate solicitude: 14/03/2024

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das subvencións aos centros especiais de emprego co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través do Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego.

O obxecto deste programa é axudar á CEE para financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Para ser subvencionables, os contratos de traballo das persoas con discapacidade deberán cumprir a lexislación vixente e, no caso dos contratos fixos-descontinuos, ter unha prestación de traballo mínima de dous (2) meses consecutivos.

Para os contratos de traballo de duración determinada previstos no artigo 15 do Estatuto dos traballadores, a duración mínima será de quince (15) días.

Subvencionarase cun importe do 50% do salario mínimo interprofesional correspondente ás mensualidades indicadas na convocatoria, para as persoas con discapacidade contratadas nos centros especiais de emprego que estean de alta na Seguridade Social.

No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente. En cada convocatoria poderán establecerse porcentaxes adicionais de financiamento do SMI para determinados colectivos.

Son subvencionables os días efectivamente traballados, incluídas as vacacións. Nas situacións de incapacidade temporal, son subvencionables exclusivamente os días en que o pagamento corresponda integramente ao centro especial de emprego, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social ou o convenio colectivo de aplicación.

É subvencionable o período de vacacións anuais retribuído e cotizado. No suposto de cesamento da relación laboral, as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan pola parte proporcional das vacacións non gozadas.

O cálculo da subvención estimarase para todo o período subvencionable, tendo en conta a duración das contratacións e das xornadas laborais de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas polo CEE no primeiro mes polo que se pide a subvención e en función do SMI establecido polo Consello de Ministros para ese ano.

O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano prorrateadas en doce (12) mensualidades.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas subvencións os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos.

Igualmente, os centros de traballo para os que se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito decreto, admitíndose a efectos desta subvención os centros de traballo que teñan presentada a solicitude ao rexistro competente para outorgar a autorización administrativa.


Publicación DOG

Ficha sede electrónica

Imprimir
Axuda