Dende 27 de xuño, 2022 - Ata 27 de xullo, 2022
Categorías: Asociacionismo Desenvolvemento local Mercado
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.
Consideraranse subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e a revitalización dos centros comerciais abertos a través das seguintes actuacións:
a) Mantemento dos marketplace.
b) Dinamización comercial.
c) Fidelización de clientela.
d) Unidade xerencial.
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras:
a) As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas para os únicos efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos artigos 3.1.b) e 4.1.d) das bases reguladoras e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e atoparse ao corrente na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.