Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento II (de 3 a 10 persoas empregadas) - 2022

Dende 23 de agosto, 2022 - Ata 02 de setembro, 2023

Categorías: Investimentos Mercado Tecnoloxías da Información

Acceda dende aquí

Programa Kit Digital - Axudas destinadas á dixitalización de empresas do Segmento II - 2022

Data de publicación: 2 de agosto de 2022

Data de inicio solicitude: 2 de setembro de 2022

Data de remate solicitude: 2 de setembro de 2023

Aviso! Red.es publica a Guía de presentación de solicitudes para facilitar a solicitude da axuda.

Obxecto

As subvencións reguladas e convocadas por esta resolución teñen por obxecto executar o Programa Kit Digital, dirixido á dixitalización das pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego comprendidas no Segmento II do artigo 7.2 das Bases Reguladoras, ( pequenas
empresas entre 3 e menos de 10 persoas empregadas).

Características da axuda

As axudas ("bono digital") desta Convocatoria teñen a consideración de subvención directa, outorgadas mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, e consistirán en disposicións dinerarias destinadas a financiar a adopción de solucións de dixitalización dispoñibles no mercado cuxas referencias se atopen accesibles no Catálogo de Solucións de Dixitalización do Programa Kit Dixital, regulado no artigo 12 das Bases Reguladoras.

O importe máximo de axuda por beneficiario será de 6.000 €, ao estar dirixidas unicamente ao Segmento II.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego, cuxo domicilio fiscal estea emprazado en territorio español, comprendidas no Segmento II (Pequenas empresas ou Microempresas entre 3 e menos de 10 persoas empregadas).


Publicación BOE

Ficha informativa sede electrónica

Bases reguladoras

Modificación bases reguladoras

Imprimir
Axuda