Dende 10 de setembro, 2020 - Ata 10 de setembro, 2021
Categorías: Sustentabilidade
As bases teñen por obxecto convocar a concesión de axudas ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II).
En concreto, convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.
Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.
A contía das axudas para cada unha das actuacións vén establecida no anexo III do Real decreto 569/2020, do 16 de xuño, polo que se regula o Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) publicado no BOE núm. 169, do 17 de xuño de 2020.
Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3.2 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (para as actuacións tipo 2, tipo 3 e tipo 4 considérase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia). En concreto, os seguintes:
Actuacións 1 e 2
Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
Persoas físicas.
Comunidades de propietarios.
Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF
comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.
Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública.
Actuacións 3 e 4
Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF
comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W.
Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública