Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro - 2022

Dende 21 de xullo, 2022 - Ata 22 de agosto, 2022

Categorías: Laboral Responsabilidade Social Empresarial

Acceda dende aquí

TR352A - Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro - 2022

Data de publicación: 21/07/2022

Data inicio de solicitude: 22/07/2022

Data remate de solicitude: 22/08/2022

Obxecto

A publicación desta orde ten por obxecto establecer as bases e convocar as axudas destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Características da axuda

Os contratos subvencionables cubrirán os gastos salariais e de Seguridade Social das persoas traballadoras contratadas.

En ningún caso serán cubertos polos contratos subvencionables os seguintes conceptos:

a) A indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores.

b) Os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.

c) As vacacións pagadas, pero non desfrutadas.

d) As horas extra ou traballos realizados fóra da xornada habitual de traballo.

e) Custos salariais en caso de baixas temporais.

A subvención que percibirán as entidades beneficiarias por realizaren as contratacións consistirá nunha contía por cada unha delas, calculada tomando como referencia os custos salariais e de Seguridade Social das persoas que se van contratar.

A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será igual ao resultado de multiplicar o número de persoas contratadas polo número de meses de duración do contrato e polo importe do módulo que corresponda en función do grupo de cotización á Seguridade Social, conforme a seguinte escala en que se conteñen os importes máximos subvencionables ao abeiro desta convocatoria:

– Para o grupo de cotización 1: 2.710,00 €.

– Para o grupo de cotización 2: 2.059,00 €.

– Para o grupo de cotización 3: 1.935,00 €.

– Para o grupo de cotización 4: 1.897,00 €.

– Para o grupo de cotización 5: 1.756,00 €.

– Para o grupo de cotización 6: 1.732,00 €.

– Para o grupo de cotización 7: 1.637,00 €.

– Para o grupo de cotización 8: 1.600,00 €.

– Para o grupo de cotización 9: 1.575,00 €.

– Para o grupo de cotización 10: 1.550,00 €.

En caso de contratacións a tempo parcial, do 50 % ou do 75 %, a contía da subvención reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro que, na data de publicación da convocatoria estean inscritas na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (en adiante, RUEPSS), cuxa actividade principal estea dirixida a desenvolver ou fomentar accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres, de conformidade coas áreas de actuación recollidas no RUEPSS (comunidade, dependencia, discapacidade, inclusión, maiores, familia, infancia, menores e igualdade).


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Imprimir
Axuda