Subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos - 2022

Dende 06 de setembro, 2022 - Ata 06 de outubro, 2022

Categorías: Desenvolvemento local Investimentos Mercado Xestión

Acceda dende aquí

IN223A- Subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos - 2022

Data de publicación: 06/09/2022

Data inicio de solicitude: 07/09/2022

Data remate de solicitude: 06/10/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para abordar actuacións en mercados e prazas de abastos de Galicia que teñan concedido o selo de mercado excelente ou estean no proceso previo á súa obtención, así como a dinamización e revitalización das prazas de abastos e mercados de Galicia.

Características da axuda

As actuacións subvencionables para os concellos son as seguintes:

Liña 1. Impulso da Rede de mercados excelentes.

1.1. Actuacións subvencionables nas prazas de abastos que teñan concedido o selo de mercado excelente.

1.2. Actuacións subvencionables nas prazas de abastos que non dispoñan do selo de mercado excelente.

Liña 2. Equipamento comercial.

Considerarase actuación subvencionable a adquisición de equipamento comercial para uso dos/das praceiros/as que sexa indispensable para o desenvolvemento da súa actividade comercial.

Liña 3. Eficiencia enerxética.

Considerarase actuación subvencionable para as asociacións de prazas de abastos e mercados a implantación de medidas para un consumo mais eficiente dos recursos enerxéticos.

As actuacións subvencionables para as asociacións de prazas de abastos e mercados son as actuacións de dinamización e revitalización das prazas de abastos e mercados desenvolvidas no marco dun proxecto de incentivación da demanda comercial e do consumo en que as persoas comerciantes e consumidoras sexan as destinatarias finais:

a) O mantemento dos marketplace.

b) A dinamización comercial.

c) A fidelización de clientela.

E, por último, considéranse actuacións subvencionables para as federacións de prazas de abastos e mercados as actuacións de dinamización e revitalización das prazas de abastos e mercados desenvolvidas no marco dun proxecto de incentivación da demanda comercial e do consumo en que as persoas comerciantes e consumidoras sexan as destinatarias finais:

a) O mantemento dos marketplace.

b) A dinamización comercial.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións:

a) Os concellos galegos que conten cun mercado co selo de mercado excelente ou aqueles que estean no proceso para a súa obtención.

b) As federacións e asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.


Publicación DOG

Corrección erros I

Corrección erros II

Ficha informativa sede electrónica

Imprimir
Axuda