Subvencións para bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego - 2021

Dende 29 de outubro, 2021 - Ata 31 de outubro, 2022

Categorías: Laboral

Acceda dende aquí

TR301V - Subvencións de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego - 2021

Data de publicación: 29/10/2021

Data inicio de solicitude: 30/10/2021

Data remate de solicitude: 31/10/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas no marco da formación profesional para o emprego financiada pola referida Consellería de Emprego e Igualdade coa excepción da formación incluída en programas integrados de emprego e obradoiros de emprego.

Características da axuda

As subvencións reguladas nesta orde son compatibles e acumulables entre si, agás a axuda por transporte público e a axuda por transporte en vehículo propio, que son incompatibles entre elas.

Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos:

 – Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33 %.

– Persoas que participan nunha acción formativa incluída no seu itinerario persoal individualizado de emprego.

– Membros integrantes dunha familia monoparental.

– Membros integrantes dunha familia numerosa.

Axudas de transporte público, urbano e interurbano, ou vehículo propio.

Axudas para manutención.

Axudas de aloxamento e manutención.

Axudas á conciliación.

Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero..

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 da Orde e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral na mesma, así como os particulares establecidos nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda, nos termos do disposto no capítulo IV e no anexo II da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo.

Terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e con situación laboral como non ocupadas, na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa.

Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, nos supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Imprimir
Axuda