Subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas - 2022

Dende 18 de maio, 2022 - Ata 20 de xuño, 2022

Categorías: Laboral

Acceda dende aquí

TR301P - Subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas - 2022

Data de publicación: 18/05/2022

Data inicio de solicitude: 19/05/2022

Data remate de solicitude: 20/06/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas e con compromiso de contratación.

Enténdese por unidade formativa da empresa, a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos establecidos, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.

Características da axuda

Serán subvencionables as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral.

Para estes efectos, poderán solicitarse especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Así mesmo, poderán solicitarse especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade que non estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas.

Cada acción formativa incluirá o compromiso de contratación, nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, dun mínimo do 40 % do alumnado aprobado e/ou formado, atendendo á definición que de ambos os perfís se recolle na orde, arredondado ao enteiro superior.

O contrato de traballo concertarase por tempo indefinido. No suposto de contrato por tempo indefinido a tempo parcial, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.


Publicación DOG

Publicación modificación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Imprimir
Axuda