A EGAP convoca dous novos e-martes dedicados á contratación pública
Os martes 6 e 20 de abril terán lugar na EGAP, en Santiago de Compostela, dúas novas xornadas de formación práctica dixital (E-martes)
Nestas novas xornadas abordaranse sobre a temática da contratación pública de Galicia a través dunha parte teórica común aos dous grupos de persoas destinatarias e dunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.
As apliacións sobre as que se impartirá a formación son as seguintes:
- A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
- Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
- Xestor de expedientes de contratación (Plation).
- Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
Esta actividade vai dirixida a:
- Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
- Cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración
Máis información nos enlaces seguintes:
Publicación DOG Información web EGAP