Noticia_img

Aberta a convocatoria do Programa de autoformación e probas para o certificado de competencias dixitais ComDix da Amtega

03 de setembro, 2024

Trátase dun programa para promover unha cidadanía dixitalmente responsable dentro do Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.

A Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia ten publicado no DOG a resolución do 6 de agosto de 2024 pola que se anuncia a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.

As actividades do programa, en modo de autoformación, conforman o seguinte itinerario formativo con sete cursos:

  • Empezamos! Que nivel de competencias teño?
  • Introdución ao Marco galego de competencias dixitais. 10 horas
  • ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital. 25 horas
  • ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar. 35 horas
  • ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar. 40 horas
  • ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica. 50 horas
  • ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia. 50 horas
  • ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño». 40 horas

Para poder acceder aos contidos das actividades, as persoas interesadas deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de 16 anos
  • Estar dada de alta como persoa usuaria na Rede CeMIT

A realización na súa totalidade de calquera dos cursos que conforman este itinerario dará a posibilidade de realizar un exame final presencial, cuxa superación outorgará o dereito a obter un diploma de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación.

Para isto, a Amtega convoca dúas edicións de probas de certificación presencial:

  • Outubro 2024: 23 (mércores), 24 (xoves), 25 (venres)
  • Novembro 2024: 20 (mércores), 21 (xoves), 22 (venres)

Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade, nos días e horas que se relacionan na resolución, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.


Publicación DOG

Máis información