11 de setembro, 2023
FADEMGA Plena Inclusión Galicia, no marco do Proxecto de Transformación Dixital para a inclusión, pon a disposición do persoal profesional do emprego no ámbito público e comunitario un catálogo de 8 cursos en modalidade online orientados á formación sobre a discapacidade intelectual que se iniciarán a partires do 12 de setembro e ata o 6 de outubro de 2023. Unha vez superada a avaliación final, emitirase o certificado de aproveitamento correspondente.
As temáticas de cada curso son as seguintes:
Discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
Lectura fácil.
Discapacidade intelectual: traballo na administración pública.
Coprodución.
Introdución aos trastornos de aspectro de autismo.
Sistemas alternativos de comunicación.
Educación inclusiva: unha tarefa de todas e todos.
CV multinivel: ferramenta para ensinar nas aulas.
27/07/2026
27/07/2026
23/06/2026