28 de outubro, 2024
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Resolución do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024.
As datas das ditas probas serán as seguintes:
- Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
- Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
- Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán:
- En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10).
- En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).
Máis información nos seguintes enlaces:
19/11/2024
14/11/2024
A Xunta publica os festivos locais dos concellos das catro provincias galegas para o ano 2025
13/11/2024