Noticia_img

Publicada a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega - CELGA

09 de setembro, 2022

A convocatoria das probas tense publicada no Diario Oficial de Galicia tendo previsto que que se celebren na segunda quincena de novembro ou primera de decembro de 2022.

Despois das probas que tiveron lugar en maio e xuño deste ano, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de publicar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, neste último trimestre do ano 2022.

 

As probas están dirixidas ás persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

 

As datas definitivas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Por outra banda, as localidades onde se van realizar as probas dos treis niveis son Santiago de Compostela e Ponferrrada. As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na mencionada páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

 

Para poder participar nas probas, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se inclúe como anexo I na convocatoria publicada e aboar a taxa correspondente, debéndose presentar preferentemente vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


Máis información