06 de maio, 2025
A Axencia para a modernización técnolóxica de Galicia (AMTEGA) ven de publicar no DOG a resolución pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre nas datas e lugares detallados con aulas CeMIT dispoñibles, que se celebrarán entre os días 18, 19 e 20 de xuño de 2025.
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT antes da finalización do prazo de inscrición.
Indícase tamén que con carácter previo á inscrición será necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación da Resolución no Diario Oficial de Galicia.
Por último, establece tamén que se existisen máis solicitudes que o número de prazas en cada unha das localidades, as prazas dispoñibles distribuiranse entre as persoas preinscritas en tempo e forma. A orde de asignación será o resultado dun sorteo público, que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscrición.
A estrutura desta proba será a seguinte:
– Estará dispoñible tanto en galego como en castelán, para que a persoa usuaria poida seleccionar o idioma no momento de realizar a proba.
– Constará dun cuestionario composto por entre 60 e 70 preguntas de diversa complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco galego ComDix.
– Tipoloxía de preguntas: pregunta simple, múltiple, arrastrar, relacionar...
– Non haberá penalización por preguntas incorrectas.
– Dispoñerase dun tempo máximo de 90 minutos para realizar a proba.
– Serán considerados aptos/as aqueles/as que superen o 60 % das preguntas referentes a cada unha das 5 áreas e o 70 % do total das preguntas.
– Se algunha persoa candidata non finaliza a proba no tempo establecido, o exame darase por concluído e enviarase automaticamente para a súa corrección.
– Unha vez que cada persoa candidata complete a súa proba, poderá coñecer a súa puntuación, o seu resultado (apto/a ou non apto/a) e o número de preguntas incorrectas.
Finalizado todo o proceso de corrección e revisión das preguntas, publicarase na páxina web do Cemit un anuncio coas preguntas anuladas que poidan afectar os resultados iniciais dos participantes na convocatoria.
04/06/2025
19/05/2025
13/05/2025
A Xunta destina 6,7 M€ ás axudas a novos proxectos emprendedores