Noticia_img

Publicada a nova convocatoria dos "Premios á cooperación" 2020

09 de xaneiro, 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar no DOG as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2020.

O obxectivo deste programa é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade autónoma galega.

Os premios establecidos distinguen as seguintes categorías:

Aos valores cooperativos
Ao mellor proxecto cooperativo novo
Á traxectoria cooperativa
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica