03 de febreiro, 2021
Segundo as bases reguladoras os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Poderán optar a estes premios as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo. Ademais será requisito necesario para participar estar ao día nas obrigas rexistrais co Rexistro de Cooperativas de Galicia e non poderán resultar premiadas aquelas cooperativas que resultaran premiadas en anos anteriores nos premios á cooperación cando os méritos alegados sexan substancialmente os mesmos
Os premios establecidos polas distintas categorías definidas son:
Premio aos valores cooperativos, cunha dotación económica de 5.000 euros.
Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, cunha dotación económica de 5.000 euros.
Premio á traxectoria cooperativa, cunha dotación económica de 5.000 euros
23/02/2021
15/02/2021
Nova edición dos premios ás inicitivas de desenvolvemento rural Agader - 12ª edición - 2021
15/02/2021