28 de febreiro, 2025
Desde XATEmprego facémonos eco da "Xornada de accesibilidade cognitiva en espazos" que promove FADEMGA Plena inclusión Galicia.
A xornada, para a que xa está aberto o prazo de inscrición, terá lugar o vindeiro 21 de marzo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela, tendo como obxectivo principal sensibilizar e formar sobre a importancia da accesibilidade cognitiva, promovendo espazos máis comprensibles e accesibles para todas as persoas.
Na xornada contarase con persoas expertas na materia chegadas dende a Oficina de Accesibilidade Cognitiva e Lectura Fácil de Estremadura, dende o Servizo de Información Accesible de Plena inclusión Región de Murcia e mesmo do laboratorio de Diversidade, Cognición e Linguaxe da Universidade de Sevilla. Asemade, poderemos escoitar experiencias de boas prácticas e mesas de debate para compartir coñecementos e propostas innovadoras.
A xornada está dirixida a profesionais, entidades sociais, administracións públicas e todas aquelas persoas interesadas en contribuír a unha sociedade máis accesible e inclusiva!
As prazas son limitadas, polo que animamos a todas as persoas interesadas a inscribirse canto antes.
Nos seguintes enlaces pódese acceder a toda a información da xornada e formalizar a inscrición.
Máis información Portal web do evento
Nestoutra ligazón pódese acceder ao formulario de inscrición.
23/06/2026
15/06/2026
11/02/2026