Noticia_img

Xornada informativa: Mapa de axudas para autónomos/as e pemes

26 de xaneiro, 2024

Xornada promovida en colaboración con AJE Galicia.

O martes 30 de xaneiro de 2024, ás 10:00 h, no Auditorio Neira Vilas, na Cidade da Cultura, terá lugar unha xornada informativa sobre o Mapa de Axudas da Xunta de Galicia para autónomos/as e pemes.

 

A xornada, organizada por AJE Galicia en colaboración coa Xunta a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Igape, poderá seguirse de xeito presencial e tamén en liña.

 

Na xornada, os relatores presentarán as principais caracterísiticas e requisitos dos distintos programas e liñas de axudas que desde a Xunta póñense ao dispor de autónomos/as e pemes e tamén haberá unha quenda para preguntas e resolución de dúbidas.


Inscrición


Enlace retransmisión