23/06/2020
Este vindeiro venres 26 de xuño, a partires das 10:00 h, terá lugar o webinar aberto “Mulleres protagonistas”, no que diversas mulleres emprendedoras e autónomas relatarán as súas experiencias, e se realizará un debate coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López.
19/06/2020
A Xunta activa, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), dúas novas liñas de apoio á dixitalización das pequenas e medianas empresas para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a reactivación do tecido produtivo galego.
12/06/2020
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza os vindeiros 27 a 30 de xuño o primeiro hackaton virtual para crear solucións innovadoras para adaptar o tecido empresarial galego á nova realidade. Co apoio de empresas tecnolóxicas, universidades e persoas innovadoras, búscase dar resposta traballando en equipo a cinco retos da industria, o comercio e o emprego. Se queres aportar ideas ou capacidades, únete ao equipo!
11/06/2020
A convocatoria estará aberta ata o 31 de xullo
03/06/2020
A Consellería de Cultura e Turismo vén de abrir o prazo de inscrición das novas accións formativas gratuítas en materia hixiénico-sanitaria destinadas aos albergues do Camiño de Santiago que se enmarcan no programa Galicia destino seguro posto en marcha pola Xunta para a mellora da formación dos profesionais do turismo e favorecer a súa adaptación á nova realidade.
02/06/2020
Tense publicada a Resolución do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2020.
11/02/2026
02/02/2026
29/01/2026