Rosa Ana

Rosa Ana Velasco Pérez

Experto en Asesoramento en emprendemento, Asociacionismo e voluntariado, Desenvolvemento local, Dinamización comercial, Emprego autónomo, Emprendemento social, Internacionalización, Plan de negocio e viabilidade, Trámites e licenzas

Concello de Ponteareas

Ponteareas - Pontevedra AEDL

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), é un organismo encargado de fomentar e dinamizar a actividade económica, contribuír á creación de emprego e facilitar a constitución e implantación de empresas, todo iso en prol de conseguir mellores condicións de vida e benestar. FUNCIÓNS: a) Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbi­to local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos viveiros de emprego. b) Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaborado­ras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego. c) Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas. d) Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos ade­cuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas. e) Calquera outra que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de em­prego, relacionadas fundamentalmente coa creación de actividade empresarial


Xardíns da Xiralda, s/n, Ponteareas (Pontevedra)

986640000

aedl@ponteareas.gal

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), é un organismo encargado de fomentar e dinamizar a actividade económica, contribuír á creación de emprego e facilitar a constitución e implantación de empresas, todo iso en prol de conseguir mellores condicións de vida e benestar.

FUNCIÓNS:

a) Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbi­to local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos viveiros de emprego.

b) Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaborado­ras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.

c) Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.

d) Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos ade­cuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.

e) Calquera outra que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de em­prego, relacionadas fundamentalmente coa creación de actividade empresarial

* As áreas de especificación están declaradas polo persoal técnico e non son validadas ou verificadas pola Xunta de Galicia