Experto en Trámites e licenzas, Asesoramento en emprendemento, Asociacionismo e voluntariado, Desenvolvemento local, Dinamización comercial, Emprego autónomo, Emprendemento social, Internacionalización e Plan de negocio e viabilidade
Concello de Ponteareas
Ponteareas - Pontevedra AEDLA Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), é un organismo encargado de fomentar e dinamizar a actividade económica, contribuír á creación de emprego e facilitar a constitución e implantación de empresas, todo iso en prol de conseguir mellores condicións de vida e benestar. FUNCIÓNS: a) Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos viveiros de emprego. b) Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego. c) Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas. d) Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas. e) Calquera outra que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa creación de actividade empresarial
Experto en Asociacionismo e voluntariado e Trámites e licenzas
Asociación Autismo Ourense
Ourense - Ourense Axente de EmpregoAxente de emprego da Asociación Autismo Ourense
* As áreas de especificación están declaradas polo persoal técnico e non son validadas ou verificadas pola Xunta de Galicia